A Moa, cociña tradicional galega, innovadora e ao mesmo tempo, sinxela e honesta.
A Moa, en pleno barrio de San Pedro, aproveita todo o encanto da contorna na que se atopa. É punto de encontro de cidadáns de Santiago e de turistas de tódalas partes do mundo.
Un exemplo de cociña tradicional galega
A nosa cociña, baseada na calidade da materia prima galega, intenta sorprender con novos sabores e empratados distintos. Aproveitamos os produtos locais para realzalos con propostas novidosas.
Contamos, en todas as cartas (tapería, menú semanal e menú á carta) con opcións vexetarianas e veganas. Deste xeito, todos os comensais poderán gozar dunha comida deliciosa á medida das súas preferencias, sen ter que renunciar ao sabor.